Regulamento

PequeFilmes 2026. 10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS INFANTÍS DE GALICIA

DATAS:

PEQUEFILMES 2026 terá lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (Galicia, España) entre os días 28, 29 de Febreiro e 1 de Marzo de 2026.

XÉNEROS, ESTILO E IDIOMAS:

Aceptaranse obras de todos os estilos e xéneros, producidas en calquera país do mundo.

As copias de visionado para a preselección con diálogos noutros idiomas diferentes ao Gallego ou o Español deberán incluír subtítulos nestes idiomas ou na súa falta en Inglés.

CATEGORIAS:

Establécense as seguintes categorías competitivas:

  • MIÑOCAS: Competición Internacional para público +3 anos
  • FANECAS: Competición Internacional para público +7 anos

DATA DE CREACIÓN:

Só se aceptarán para as competicións internacionais obras completadas posteriormente ao 1 de Xaneiro de 2024.

DURACIÓN

As obras serán curtametraxes cun máximo de 30 minutos de duración.

TEMA:

O tema é libre e obras de todos os estilos e técnicas, sempre que o contido se adecue ás idades recomendadas en cada categoría (+3 e +7 anos). Os participantes poderán inscribir todas as obras que desexen.

FORMATO:

Os formatos de proxección para as Competicións Internacionais son:
mpeg4/-mov H264 ou Apple Pro Res 442. As copias de proxección deberán enviarse coa maior resolución posible, preferentemente en Full HD (1920×1080 pixels), e se é posible en formato progresivo (non entrelazado).

SUBTÍTULOS:

As obras seleccionadas con diálogos en idiomas distintos ao Gallego ou o Español, en caso de non poder achegar subtítulos nos devanditos idiomas deberán presentar unha copia de proxección limpa (sen subtítulos integrados na imaxe, e ir acompañadas por un arquivo independente coa lista de diálogos en Inglés, preferiblemente en formato .srt con código de tempos.

PREMIOS:

Os premios para as categorías competitivas son:

  • Premio do Público ao Mellor Curto da Categoría Miñocas (+3 anos): 1.500 euros
  • Premio do Público ao Mellor Curto da Categoría Fanecas (+7 anos): 1.500 euros

Os premios estarán suxeitos ás correspondentes retencións de impostos.

A organización non abonará taxas de proxección para as curtametraxes seleccionadas dentro das categorías competitivas.

Os gañadores das correspondentes categorías coñeceranse ao final do festival.

OUTRAS DISPOSICIÓNS:

Os participantes aceptan que fragmentos das súas obras sexan utilizados sen custe algún con propósitos promocionais e publicitarios por parte do festival.

O festival se reserva a posibilidade de organizar algunha proxección adicional das obras seleccionadas e/o premiadas durante o transcurso do seguinte ano á súa selección, sempre con propósitos promocionais e previa comunicación aos titulares das mesmas.

Coa firma do documento de participación, o participante expresa o seu consentimento coas normas do festival aquí expostas.

 

PEQUEFILMES 2026
10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS INFANTÍS DE GALICIA