Obradoiro Go Motion en Pequefilmes 2023

O obradoiro de Go Motion amosa a pequenos e pequenas a partir de 5 anos, en qué consiste o fenómeno da persistencia retiniana, xerme do cinema, a través da rodaxe dunha pequena historia realizada foto a foto con eles como modelos.

O obradoiro consta de 8 sesións de 1 hora, nas cáis grabaremos e comprobaremos in situ o resultado do material filmado, atendendo ás diferenzas entre distintas frecuencias de fotogramas.

Cada sesión do obradoiro dispondrá de 10 prazas cada unha, e os nenos deberán de vir acompañados d’un adulto.

O obradoiro contempla as sesións de grabación, e posteriormente realizarase o montaxe da peza defintiva, para ser publicada nas redes sociais de PequeFilmes e Ciudade da Cultura.

Imparte: Marcos Nine.

Cineasta e guionista con máis de 20 anos de experiencia no sector, responsable de títulos como “Radiografía dun autor de tebeos”, director artístico do Festival de cinema Infantil “Cinema Crianza” ou programador da sección infantil da Mostra de Cinema Etnográfico “MICE Petís”.