Xirar para animar: Creación dun zootropo
Sabías que antes do cine xa existían debuxos que se movían?
Neste obradoiro descubriremos un dos primeiros dispositivos do cine de animación: o zootropo. A partir dunha secuencia de 12 fotogramas, deseñaremos unha pequena animación que cobrará vida ao xirar o dispositivo.
Traballaremos o debuxo secuencial, o ritmo e a continuidade, entendendo como a animación existía antes do cine tal e como o coñecemos hoxe. E ao rematar poderemos levalo para casa.
Unha experiencia creativa para debuxar, experimentar e ver como as súas ilustracións… comezan a moverse!
Paper Cinético
Logo dunha longa traxectoria no ensino do cine e dun amor profundo polo papel, nace Paper Cinético, un proxecto de obradoiros que explora os orixes do cinema a través do xogo, a creación e a experimentación.
Encántannos as caixas de cartón, as follas de papel e todas as súas posibilidades. Porque todo o que o papel pode conter aínda non está escrito. Fascínanos transformar a bidimensionalidade dunha folla nun obxecto tridimensional e descubrir que, ademais, pode transmitir movemento. Papel e cine: unha combinación perfecta.
Paper Cinético participou en diversos festivais de cinema, levando o precine, o papel e a animación a públicos de todas as idades como Cinema para coidar a terra, Chantada (2019), Pontecoqueta, Pontevedra (2019), Primavera do Cine, Vigo (2021, 2022), Cineuropa, Santiago de Compostela (2021), Nadal de cine, Soutomaior (2022), Lav.mov, Vedra (2022), FIC Bueu (2023) ou Cinema Pedal, Nigrán (2024).