Obradoiro de cinema de sombras

Este obradoiro une dúas tradicións, o cinema e o teatro de sombras chinesas. Os usuarios adaptarán un conto breve con estas técnicas, partindo dun texto xa guionizado previamente e dividido en 8 fragmentos de maneira que cada grupo poida traballar nas distintas fases:

– Deseño e construción de personaxes e escenarios
– Preparación da caixa de luz que servirá de contorna
– Ensaio de animación e dobraxe
– Gravación dos planos ensaiados

Durante o taller realizaranse estas fases, que darán como resultado a gravación dos planos necesarios. Tras a finalización do taller procederase á montaxe de imaxe e son final, e a peza resultante publicarase nas redes sociais da Cidade da Cultura e PequeFilmes. Trátase dun obradoiro para nenos a partir de 5 anos. Serían un total de 8 sesións dunha hora (en principio) repartidas en 2 sesións na mañá do sábado 28 de Decembro, e outras dúas pola tarde. O domíngo 29 de Decembro continuaría con outras 4 sesións (2 pola mañá e 2 pola tarde).

Iria Fafián

Chámome Iria e son unha ilustradora nada en Cataluña e crecida en Galicia. Non se que sería de min neste mundo sen o debuxo. Supoño que me acabaría adaptando, pero grazas a el aprendín a observar e a valorar a sinxeleza. Tento ter presentes estas dúas cousas tanto nos meus traballos como na miña vida persoal. Despois de dar voltas por diferentes lugares, instalei o meu fogar e o meu estudo nunha aldeíña do rural galego.

Traballos destacados: ‘ILUSTRADE/AS’ Instituto Cervantes Nova York, ‘Paisaxes Interiores’ Kiosko Alfonso (A Coruña), ‘Camiños Incertos’ Fundación PG Camilo José Cela (Padrón, Galicia), ‘Irusu Ville’ Museo Etnolóxico de Rivadabia (Ourense), ‘Irusu Ville’ Culturgal (Palacio de Culura Pontevedra), ‘Irusu Ville’ Fundación #Luis Seoane (A Coruña), MiiC (Mostra internacional de ilustración Contemporánea) Fundación Abanca Santiago de Compostela, Ilustrísima Museo ABC de Madrid, ‘Komorebi’ librería Panta Rhei (Madrid), IlustraTour Matadoiro de Madrid.