” Fly” é a historia dun paxaro que ten unha á atrofiada que lle impide migrar. Abandonado pola súa bandada, afúndese na miseria. Todo cambia o día que aparece Pío-Pío. Este pitiño indefenso devólvelle as ganas de vivir. Ata que un día a fatalidade leva o noso protagonista a facer cousas que non faría nin por si mesmo, como voar.