Un pauciño vese ameazado por unha malvada mancha de tinta azul. Tras unha feroz pelexa, o pauciño logra domar a mancha. Todo semella ir ben ao principio, pero logo aparece un novo retador… Unha aventura animada que pode parecer un garabato nun caderno, pero que en realidade revela unha gran habilidade e experiencia.