Pasaron 15 anos e Roberto segue namorado da súa veciña, aínda que ela prefire agocharse por vergonza do seu corpo. Coa súa arte e unha vella corda de tender como única forma de comunicación, Roberto ten un plan para conseguir que a súa amada se enfronte aos seus monstros dunha vez por todas.