Nunha afastada aldea na que chove sen parar, Kyna, de seis anos, pasa o tempo xogando alegremente, ao resgardo da chuvia baixo a barba-paraugas de Din, o seu pai. Unha noite, desaparece Nana, a súa adorada cadeliña. Para atopala, Kyna vai ter que enfrontarse ao que máis teme no mundo: a chuvia.