Roque estaba desorientado. Dicíanlle que era un ser humano e que se podía converter en serea. Non entendía por que era unha cousa que se tiña que converter noutra. E por riba para sempre! Unha cousa ou a outra. Branco ou negro. Carne ou peixe. Neno ou nena. Humano ou serea…