PequeFilmes 2023

28 e 29 Xan 2023

Auditorio Neira Vilas | Biblioteca Aula 1
Organiza: Xunta de Galicia | Cidade da Cultura
Colabora: Cinética | Festival Clermont-Ferrand | Festival Indie Júnior | Gadis

ENTRADAS

Sesións PRESENCIAIS

  • 3 € (+gastos de xestión) por sesión
  • Xa á venda na billeteira do Museo Centro Gaiás e Ataquilla.

Sesións EN LIÑA

  • Entrada para 1 sesión individual: 3 €
  • Abono para todo o festival: 15 €
  • Poderán adquirise na plataforma tv.festhome.com

PROGRAMA ESPECIAL Festival Clermont-Ferrand e Indie Júnior:

  • De balde.
  • Para asistir é necesario retirar entrada presencial sen custo en Ataquilla ou no Museo Centro Gaiás.
  • Estas proxeccións non estarán dispoñibles en liña.

Descontos

Descontos do 20% sobre o prezo total para:

  • Persoas xubilados
  • Persoas desempregadas
  • Persoas en situación de discapacidade
  • Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
  • Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
  • Estudantado e persoal laboral das universidades galegas
  • Carné xove
  • Integrantes do Club Gaiás