GAÑADORES PEQUEFILMES 2025

📩 O xurado máis esixente falou e velaquí vos traemos as curtas gañadoras dos premios do público de #Pequefilmes, que recaen cada ano nos filmes máis votados polos miúdos e miúdas:

🥇#PremioFanecas. «Capybaras / Los carpinchos» | Alfredo Soderguit. Francia, Chile, Uruguay || Os carpinchos buscan un novo fogar nun lugar onde non son benvidos… que pode lograr un só pitiño contra o medo ao diferente de todo un galiñeiro?

🥇#PremioMiñocas. «Swing to the Moon» | Solenne Moreau, Elisa Drique, Marie Bordessoule, Vincent Levrero, Nadine De Boer, Chloé Lauzu, Adriana Bouissie | Francia || Desde o seu fogar no bosque, unha pequena araña faría calquera cousa por chegar ata a lúa…

#Pequefilmes busca cultivar nas audiencias máis novas o gusto polo cinema e a súa ollada crítica, xa que teñen o poder de decidir co seu voto as curtas galardoadas cos premios do festival —cunha dotación económica de 1.200€—. Máis de 2.000 persoas, entre perdoas adultas e cativada, participaron no festival entre os días 14 e 16 de febreiro.