Inicio ///
Mouse house

Mouse house

Dous ratos, Mance e Skinny, buscan comida. Cando atopan unha gran roda de queixo, un gato comeza a perseguilos.

Nesta sesión tamén verás...

T- REX

Lamentablemente, o T-Rex é moi malo xugando ó baloncesto.

Squirrel

Mamá esquío recolle landra tras landra para estar ben preparados de fronte ao inverno. Tómase a súa tarefa tan en serio que acabará abarrotando o seu niño.

El Camino de las Estrellas

Ao espertar dun soño profundo, un pato embárcase nunha viaxe intergaláctica, atravesando estepas e selvas espaciais. Cos ritmos entrelazados do catro, a frauta e os sons electrónicos, comeza unha procura universal de identidade.

Bo and trash

O noso planeta está a afogarse en lixo. Ese lixo está a mutar ata encarnarse nunha forza viva que invade e altera o delicado equilibrio da vida na Terra. O can Bo, un químico audaz, inventa unha solución máxica que pode vencer a este temible monstro. Arriscando a súa vida, Bo lánzase a salvar aos animais e aos paxaros, que á súa vez acoden no seu rescate.

HeartBits

Un robot que se dedica a recoller pezas mecánicas no bosque atópase cunha ninfa que lle fascina. Co obxectivo de poder achegarse e parecerse á criatura, tentará disfrazarse con elementos naturais mentres un verme xúlgaos.

Odpuest

Dous amigos discuten. Que lles axudará a atopar unha maneira de perdoarse o un ao outro?

Musica Quarantena

O amor dunha nena polo seu pai postrado na cama inspira a unha cidade aislada a facer música dende as súas ventás.

Nom d'une plante

Un explorador aterra en paracaídas nunha zona moi mineralizada. Ao percorrela, o seu interese céntrase nos exemplares que souberon adaptarse a esta contorna aparentemente hostil: as plantas silvestres das beirarrúas.

A white white day

Unha folla cae dunha árbore, un coche pasa e levanta nubes de po e un escaravello zancudo deslízase silenciosamente pola auga como un pequeno patinador.